Dedicámonos a protexer e manter o patrimonio que chega a nós dende o pasado coa intención de preserválo para o futuro.
http://www.arcobens.com/

ACTIVIDADES

  A labor realizada pola Asociación dende xullo de 2007, mediante a enumeración das actividades realizadas máis significativas:
• Impugnación de Arcobens á convocatoria de Titulado Medio -Restaurador- de 29 de Decembro de 2008.
• Redacción conxunta con outras asociacións e centros de formación da carta Barcelona-Montcada.
• Inauguración dunha nova páxina web.
• Extensión para socios da web. (Posibilidade de páxina web profesional persoal  dentro da propia páxina da asociación)
• Inclusión dos estudantes de restauración como socios con voz e sen voto ata acadar o título.
• Emisión de información ós socios de Arcobens (actualidade, ofertas de emprego, cursos, becas, congresos...), mediante o acceso restrinxido a socios da web.
• Resposta a particulares que se puxeron en contacto ca Asociación.
• Defensa do título de Diplomado en restauración na convocatoria da Junta de Andalucía e na de Castilla-La Mancha.
• Vehículo de comunicación entre socios para resolver cuestións profesionais.
• Exposición de "Conservar para transmitir", a exposición de ARCOBENS, no Concello de Ames, Xuño 2009.
• Apoio de Arcobens na recollida de firmas do Instituto Português de Arqueologia (IPA).
• Redacción conxunta con outras asociacións para promover a creación dun novo Código de Actividades Económicas específico para Restauración e Conservación e solicitude independiente de ARCOBENS ó Instituto Nacional de Estadística.
• Reforma dos Estatutos da Asociación para permitir o acceso ós alumnos de restauración e conservación de bens culturais (socios con voz e sen voto, por non ter o título).
• Reunión con Felipe Arias, Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.
• Intervención acerca do Prácticum de Barrié de la Maza.
• Xestións para iniciar os trámites para a solicitude dun Colexio Profesional.
• Representación de Arcobens na reunión de Barcelona de asociacións e representantes de escolas e facultades, no debate acerca de formación, regulación, asociacionismo e colexiación.
• Defensa do título de Diplomado en restauración na convocatoria do Museo Provincial de Lugo e información á rede galega de museos e sindicatos da titulación oficial para restauración-conservación de bens culturais.
• Apoio á Escola de Pontevedra fronte a Consellería de Educación para esixir un diplomado en restauración no lugar dun arqueólogo, para unha plaza de docente de requisitos máis próximos ó perfil de titulado en restauración e conservación de bens culturais que o que a Consellería remitiu.
• Exposición de "Conservar para transmitir", a exposición de ARCOBENS, no Concello de Viladonga.
• Inclusión de Arcobens na Axenda AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais –AGADIC–, que substituíu ao Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais segundo a Lei 4/2008, do 23 de maio).
• Representación de Arcobens na mesa de debate organizada pola Asociación Profesional de Historiadores de Arte de Galicia.
• Vehículo de comunicación entre socios para resolver cuestións profesionais. 


 Outras iniciativas que se prantexaron pero que non foron levadas a cabo por falta de personal para realizalo:
• Mais edicións da exposición de Arcobens “Conservar para transmitir”.
• Valoración de modos de pertenza a un sindicato, para ter acceso á súa asesoría legal.
• Xestión para incorporar Arcobens a ECCO, decisión tomada tra-la reunión en Barcelona de 2008.
• Incorporación de publicidade privada na páxina web, que permita a recepción de ingresos extra na Asociación. Precisa dunha persoa que se encargue desta labor comercial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario