Dedicámonos a protexer e manter o patrimonio que chega a nós dende o pasado coa intención de preserválo para o futuro.
http://www.arcobens.com/

PRESENTÁMONOS



A Asociación de Conservadores e Restauradores de Bens culturais de Galicia, Arcobens, naceu no ano 1994, ca finalidade de promover socialmente a profesión de restaurador-conservador de bens cultuais, proporcionar información ós socios, organizar cursos de formación, divulgativos, etc..., ademáis de poñer á disposición da sociedade un punto de asesoramento á hora de tomar decisións sobre o coidado do seu Patrimonio.


Os obxectivos da Asociación son os seguintes:

• O estudo e defensa do Patrimonio Cultural histórico-artístico, así coma o asesoramento na conservación de museos e o seu contido.

• A colaboración coas distintas administracións autonómicas e locais na programación e participación en actuacións que atendan ás necesidades de conservación do Patrimonio.

• Información e apoio ós asociados, a prol dun recoñecemento e dignificación profesional, traballando para acabar co intrusismo laboral e mellorar as condicións laborais dos restauradores-conservadores.

• A promoción social do colectivo, fomentando a procura duns estudios máis amplos e rigurosos, realizando proxectos de investigación acorde coas necesidades que suscita a situación dos coñecementos no campo da Conservación-Restauración e as esixencias de conservación dos variados e múltiples materiais que conforman o Patrimonio Cultural. 






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario